jueves, 25 de junio de 2020

EXPERIMENTOS E DESPEDIDA!!!



   Ben chicas e chicos, graciñas por colaborar tanto estos meses. Agora si que vos librades de min....
.. de momento. En setembro vémonos de novo e espero que veñades coas pilas cargadas porque teño un montón de ganas de vervos. Para despedirnos déixovos algúns dos experimentos que me mandastes e deséxovos un verán fantástico a todos que o merecedes. Bikos a todossss.....

EXPERIMENTOS:

HUGO-   AQUÍ        CANDELA- AQUÍ          MAGALÍ- AQUÍ


VALERIA- AQUÍ            JUAN-AQUÍ               IAGO- AQUÍ

miércoles, 17 de junio de 2020

ÚLTIMOS KAHOOTSSS!!!!!!

Tal e como dixemos hoxe "Dobre Kahoot".

Kahoot de Ciencias Sociais: AQUÍ  .- O luns dixemos que era de historia, sinto o erro, é sobre países e mapas e está relacionado con este documento que puxemos o luns AQUÍ Se non lle pegastes un repaso aínda estades a tempo. 

Kahoot de Repaso Xeral: AQUÍ.  Este é un variado de diversas materias e contidos do curso, simplemente para repasar un pouco, ÁNIMO!!

REVISTA FALAMOS!!!!!!



Na páxina web do cole hai unha ligazón á revista. Esperemos que vos guste!!!!!!!

AQUÍ

lunes, 15 de junio de 2020

REPASO DE CIENCIAS SOCIAIS PARA FACER O KAHOOT E EDUCACIÓN FÍSICA

Bos días ao alumnado de 5º E.P!!!
Os deixo esta Actividade para coñecer algo máis da  área 
educativa de CCSS e o vindeiro xoves faremos o repaso 
final por medio dun KAHOOT, OK?
Pois observar e escoitar ben en cada un dos apartados da
 actividade.
Saúdos. Paco
AQUÍ


ADEMAIS UN KAHOOT (que montón de Kahoots esta semana!!!!)   DE EF  AQUÍ.

domingo, 14 de junio de 2020

ÚLTIMA SEMANA DE TAREFASSSSS!!!!!!!!

Ola chicos e chicas!!! Xa sabedes que esta é a última semana en que vos mando traballo.
Para estos días dan un pouco de mal tempo, así que xa é o último esforzo e a semana seguinte xa chega o verán e toca disfrutar.

TRABALLO PARA ESTA SEMANA:

1º) MATEMÁTICAS/LENGUA CASTELLANA/LINGUA GALEGA: as vosas nais/pais... virán hoxe, luns, a devolver os libros de texto, e eu dareilles unhas fichas de repaso de matemáticas dos dous últimos temas.  e

Hoxe non me da tempo de poñer as correccións dos exercicios da semana pasada pero tratarei de poñelas o martes ou mércores.


2º) DESAFÍO SEMANAL:

O último que poño.   Desafío 1- AQUÍ     Desafío  2- AQUÍ. Como sempre, último día para contestar o xoves e solucións o venres.


3º) EXPERIMENTO:

Lembrade que a semana anterior mandouse facer un experimento e daba unha serie de ideas.  Mirade algúns dos que xa recibín, son fantásticos:

Iago - AQUÍ        Hugo- AQUÍ      Candela- AQUÍ    Ánimo aos que faltades por entregalo.

4º) Últimos KAHOOTTTTS!!!! OLLO que por ser a última semana cambia un pouco.

- Hoxe (luns) darei ata as 20:00 para repetir o último Kahoot (había un par de preguntas mal postas e houbo quen tivo problemas para conectarse). Reviseino e engadín un par de preguntas.  AQUÍ.

- o XOVES  (si xoves) haberá dous Kahoots, os últimos. Un de CCSS sobre países e mapas e outro de repaso do curso de todas as materias.


5º) INGLÉS:

A "teacher" mandouvos  semana pasada a última tarefa. Algúns quixestes enviarllas pero non fostes capaces. Probade con este correo: vitogarce@hotmail.com

MOITO ÁNIMO A TODOS QUE XA REMATAMOS!!!!!!



jueves, 11 de junio de 2020

SOLUCIÓN AO DESAFÍO SEMANAL

Lembro os dous desafíos desta semana:


E estas foron as respostas:

Iago:  AQUÍ       ANDRÉS: AQUÍ  e AQUÍ   ROGER:  AQUÍ

                        



SUPERKAHOOOOOOOOTTTT

Kahoot de ortografía, lembrade que tedes ata as 20:00 para rematalo.

AQUÍ.

RESPOSTA DOS NENOS DE 4º A ANTÓN GARCÍA TEIJEIRO

OS NENOS E NENAS DE CUARTO, DESPOIS DE TRABALLAR "POEMAR O MAR" DE ANTÓN GARCÍA TEIJEIRO, QUIXERON RESPONDERLLE  AO SEU VÍDEO

AQUÍ

DESAFÍO SEMANAL E KAHOOT

Lembrade que hoxe é o último día para contestar ao DESAFÍO SEMANAL e que mañá hai  un Kahoot de Ortografía. Non deixedes as tarefas para última hora.

domingo, 7 de junio de 2020

TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO.

Ola chicas e chicos!!!! Moitos bicos e apertas a todos. Un pouco de traballiño para esta semana. Ánimo que xa case rematamos.

1º) MATEMÁTICAS: Unidad  15 Probabilidad y Estadística:

    Corrección ejercicios de la semana anterior:  AQUÍ.  Xa están!!
    Página 244 ejercicios 1,2,3,4,5 y razonamiento. AQUÍ  
    Página 246 ejercicio 1. AQUÍ
   
2º) LINGUA GALEGA:
 
      Corrección exercicios da semana anterior. AQUÍ. Xa está!!
      Exercicios  1,2,3,4 e 5 das páxinas 194 e 195.

3º) LENGUA CASTELLANA:

   Ejercicios 2,3,4 y 7 y redacción en el cuaderno de bitácora. Explicado AQUÍ. Xa está!!
 
4º) CIENCIAS NATURAIS:

     Que vos parece para rematar, facer un experimento de ciencias? Xoán fixo un para o último traballo de plástica con material moi sinxelo de conseguir, a ver se vos gusta: AQUÍ.

   Igual que para o traballo de plástica darei dúas semanas para facer un experimento, podedes enviar un vídeo explicándoo, foto.... Deixovos algunha ligazón con ideas:  AQUÍ e AQUÍ

Ollo! Se é necesario facelo con supervisión dun adulto.


5º) CIENCIAS SOCIAIS:

 Na páxina web do cole tedes a tarefa de Ciencias Sociais, fixádevos en que hai dous arquivos adxuntos ao final de todo.  AQUÍ


6º) DESAFÍO SEMANAL.

   Desafío 1  AQUÍ           Desafío 2 AQUÍ

 7º) EDUCACIÓN FÍSICA:

      Paco quere ensinarvos un repaso de actividades, a ver se vos gusta. AQUÍ

8º) SUPERKAHOOT:

O venres superkahoot de ortografía de Lingua Galega e Lengua Castellana.

ÚLTIMA TAREA DE INGLÉS DE ESTE AÑO.

¡ BOAS TARDES!

Esta será la última tarea que os pongo por este año tan distinto para todos.

Sólo nos quedaba por repasar el pasado, pero sólo los verbos regulares. Si hay algún irregular, seguro que sabréis hacerlos también porque han salido en clase.
Vais a la página del cole y buscando en Quinto 2, encontrareis 4 cuadraditos con fondo azul y un sombrero de señora que ya nadie usa ( por eso lo puse como icono)

Al acabar, y al darle al finish, os da dos opciones: una es enviar al profesor.Si poneis mi correo, deberían llegarme...Haced la prueba porque me registré y debería funcionar.

Si no nos vemos por el cole, que paséis un buen verano .¡ Ánimo! que ya no queda nada

viernes, 5 de junio de 2020

SOLUCIÓN AO DESAFÍO SEMANAL

Lembramos o desafío desta semana.



E as respostas que chegaron foron as seguintes: 

CANDELA:     AQUÍ     e    AQUÍ                        ALBA:  AQUÍ  e AQUÍ

ANDRÉS:        AQUÍ     e    AQUÍ                        IAGO:   AQUÍ

HUGO:            AQUÍ                                             VALERIA:  AQUÍ

LEIRE:             AQUÍ

XOGOS DO OTERO

Paco puxo no seu blogue algúns dos xogos feitos no colexio durante o curso e outros que mandastes. ÁNIMO!!!!!

AQUÍ

SUPERKAHOOOOT!!!!!!!!!!!

Superkahoot de repaso de ciencias sociais. Sinto a tardanza:

AQUÍ.

Moita sorte a todos.

domingo, 31 de mayo de 2020

TAREFAS DO 1 AO 5 DE XUÑO

ANIMO CHICOS QUE XA ESTAMOS EN XUÑO E ISTO XA VAI COSTA ABAIXO!!!!!!!!!!!!

Déixovos as tarefas da semana, xa sabedes, organizádevos e ídeas enviando pouco a pouco pero a data límite é o venres. 

1º) MATEMÁTICAS:

Exercicios para esta semana AQUÍ, AQUÍAQUÍ

Exercicio 1 páxina 241. Exercicios 1,2 y 3 da páxina 242 y 243.

2º) LINGUA GALEGA:

Lectura do tema 12 e  exercicios 1,2,3,4,5,6,7 e 9 das páxinas 192 e 193.

3º) DESAFÍO SEMANAL:      1 - AQUÍ      2- AQUÍ

Como todas as semanas, último día para contestar o xoves e solución o venres.  


4º) LA PUERTA SECRETA DEL OTERO:

Deixovos AQUÍ unha actividade moi chula que hai no blogue de educación física para lembrar algúns dos bos momentos do ano.


5º) CIENCIAS SOCIAIS:

Para esta semana podedes traballar sobre este documento (AQUÍ) e o venres haberá Kahoot.

6º) KAHOOTS:

Este venres haberá un Kahoot (sobre a Terra de Ciencias Sociais).


7º) EDUCACIÓN FÍSICA:

Apetécevos un reto? Paco propón algúns AQUÍ.  A min gústame o de "Atrapadas Precisas" da páxina 11. Se alguén se anima podedes mandar vídeo/foto/modificación..... e animamos aos demais.

8º) RELIXIÓN:

HOLA CHIC@S ,
Ya estamos en la recta final, estas semanas os traigo las siguientes propuestas:
-LA BIBLIA FUENTE DE VALORES-

Vamos a trabajar los valores que nos transmite la Biblia a través de la siguiente actividad.
¿Qué necesitamos?
1-Postal /folio.
2-Tijeras.
3-Lápices de colores, rotuladores o ceras.
¿Qué tenemos que hacer?
1-Divide la tarjeta/folio en 4 partes. Cada parte será una tarjeta.
2-En cada tarjeta de un lado, escribe un valor de los que se muestran en la imagen. Por el otro lado escribe el nombre de un MILAGRO o PARÁBOLA de Jesús que recoge el valor  que has elegido acompañado de un dibujo .
Por ejemplo: La parábola del hijo pródigo nos muestra los valores del perdón y de la alegría entre otros.

TAREA INGLÉS. SEMANA DEL 1 AL 5 DE JUNIO

¡HOLA, CHICOS!

¡YA ESTAMOS TERMINANDO!. ¡ÁNIMO, QUE YA QUEDA POCO!

Esta semana vamos a recordar el verbo ser /estar en pasado. Recordad que sólo tiene dos formas:
WAS ( que se usa con I y con HE, SHE, IT) y WERE ( que se usa con YOU, WE, THEY)

Esta semana no os mando trabajo para mandarme...sólo las actividades interactivas que acabo de poner ahora y que supongo que recordareis una vez que os pongais a ello.

Hay algunas que son de escuchar...podéis pausar el audio.

Bueno, pues que tengáis una buena semana...

viernes, 29 de mayo de 2020

SOLUCIÓN AO DESAFÍO SEMANAL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Recordamos  o Desafío Semanal!!!!!!

  

E estas son as respostas.

ALBA   AQUÍ   e AQUÍ                        IAGO    AQUÍ   e    AQUÍ            ANDRÉS   AQUÍ  e AQUÍ

HUGO     AQUÍ                                     ROGER     AQUÍ                          LEIRE       AQUÍ


SUPERKAHOOOOTSSSSS!!!!!!!!!!!!!!!

KAHOOT DE XOGOS POPULARES    AQUÍ


KAHOOT SOBRE OS MAPAS               AQUÍ



Ánimo a todos!!! Lembrade que tedes o día de hoxe para facelos, non o deixedes para última hora. Se tedes calquera dificultade avisade a Paco ou a min.

jueves, 28 de mayo de 2020

RECORDATORIOS

Lembrade que mañá hai un dobre Kahoot sobre Xogos Populares e sobre Mapas e que hoxe é o último día para contestar ao Desafío Semanal.

Moitos me estades a preguntar sobre que hai que facer a redacción, no vídeo en que fago a corrección dos exercicios da semana pasada xa o explico. AQUI


martes, 26 de mayo de 2020

ENQUISAS DA BIBLIO

O equipo de biblio do cole vos pide que fagades estas enquisas. É imprescindible saber as vosas opinións para mellorar a dinámica do centro así que... Graciñas!!!!

ENQUISA PAIS:  AQUÍ                      ENQUISA ALUMNADO:  AQUÍ

ACTUALIZACIÓN DOS TRABALLOS DE PLÁSTICA. ESTÁDESNOS SORPRENDENDO. QUÉ MARABILLA!!!!!

Este venres é o último día para presentar a manualidade. Ánimo

Traballo de JUAN:




HUGO:


HUGO:  AQUÍ   AQUÍ    AQUÍ   


IAGO: AQUÍ                GALA AQUÍ


                         Magalí  AQUÍ                Dunia: AQUÍ                   Daniela:  AQUÍ             


Valeria:


Candela:


CORRECCIÓN DE FICHAS DA SEMANA PASADA

Deixo AQUÍ a corrección de fichas da semana pasada.

TRABALLO SEMANAL DE CIENCIAS SOCIAIS E ACLARACIÓN

Disculpade que, na planificación semanal, esqueceuseme incluír as actividades de Ciencias Sociais.

Paco quere que traballedes neste pdf sobre os mapas (AQUÍ) e o venres fará un Kahoot sobre o mesmo.

ACLARACIÓN: Polo tanto, e para non sobrecargar aínda máis, ímolo facer así...

O venres hai:
  • Kahoot de Xogos Populares.(Paco de E.Física)
  • Kahoot sobre os Mapas.       (Paco  de CCSS)
  • O "escape room" que tiña previsto facer farémolo a semana que ven.
Sinto o cambio.

lunes, 25 de mayo de 2020

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO ACTUALIZADO

Que tal a semana chicas e chicos!!!!!!!!!!!!!  Veña empezamos con moito ánimo!!!

1ª) MATEMÁTICAS:

  • Ejercicios 2,4,5,6 y 7 de la página 218. Vídeo explicativo AQUÍ  AQUÍ   (Xa están!!)
  • Facer esta ficha de simetrías.(Quen poida que a imprima e quen non que trate de facer só unha das figuras na libreta)  AQUÍ
  • Debuxo libre con figuras xeométricas. Exemplos AQUÍ e AQUÍ.


2º) LENGUA CASTELLANA:

  • Corrección ejercicios  de la semana pasada AQUÍ 
  • Esta semana tenéis que escribir una redacción en el Cuaderno de Bitácora. 
3º) DESAFÍO SEMANAL: 
  •     Como todas as semanas, o último día para responder é o xoves (que non sexa xoves á noite "please") e o venres publico a solución. Retos desta semana:

            RETO 1  AQUÍ                  RETO 2 AQUÍ

4º) PLÁSTICA: 
  • Lembrade que a semana pasada mandei facer un traballo plástico con material reciclado e puxen exemplos no blogue. Moitos xa me enviastes os traballo e a data límite é este venres 29 xa que din dúas semanas para facelo. ÁNIMO A TODOS!!!!


5ª) EDUCACIÓN MUSICAL:

¡Hola, chicos y chicas!
Enhorabuena por vuestros trabajos sobre Beethoven, estáis trabajando muy bien. Los pocos que no lo habéis entregado todavía, tenéis de plazo hasta el 5 de junioRecordad :
Se trata de conocer en qué época vivió, algo sobre su biografía y las obras que compuso.
Una vez que tengáis la información, podéis realizar vuestro trabajo sobre Beethoven en el formato que queráis: ESCRITO A MANO, A ORDENADOR, VÍDEO, AUDIO, EN FORMA DE CÓMIC, POEMA, CANCIÓN, RAP y lo enviáis al siguiente correo: musicasusanav@gmail.com (Si lo hacéis en papel, podéis enviar fotos del trabajo).
Ahí va un enlace para que os entretengáis con la 5ª Sinfonía:
https://youtu.be/n6T5Cu4KiN4

6ª) KAHOOT e  ESCAPE ROOM:

  • Esta semana teredes, como todas, un Kahoot o venres. Esta vez sobre Xogos Populares (Paco).
  • Ademais teremos un Scape Room. Xa vos explicarei esta actividade ao longo da semana.
7ª) LINGUA GALEGA: 

       Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Ricardo Carvalho Calero. Na páxina web do cole tedes colgados uns recursos sobre el. Recoméndovos ver estos dous:

     a) Xogo do dardo: AQUÍ        b) Preguntoiro Musical AQUÍ


8º) RELIXIÓN:

  Tarefas e Ana para o alumnado de relixión católica:  AQUÍ



domingo, 24 de mayo de 2020

REPASO LINGUA INGLESA. SEMANA DEL 25 AL 31 DE MAIO

¡HOLA A TODOS!

Espero que estéis bien y ya sé que con muchas ganitas de acabar..¿a que si?. Pues claro que sí.
Ya viene el veranito y apetece estar a nuestro aire...pero todo el mundo lo espera...
Esta semana, y después de que trabajéis : THERE IS /  THERE ARE, ME MANDAREIS UNAS FRASES DICIÉNDOME QUÉ HAY Y QUE NO HAY EN VIGO...

Os doy algunos ejemplos: hay tiendas, iglesias, hospitales, cines ( mi mejor forma de pasar el tiempo de ocio), parques, bibliotecas, librerías.....Todo eso, como os  podéis imaginar son frases en plural.

¿ DE QUE HAY SÓLO UNA COSA EN VIGO? PUES CLARO...UN ESTADIO DE FUTBOL, UN AEROPUERTO, UNA ESTACIÓN DE BUS, UN PARQUE DE BOMBEROS, UN ZOO, ....

y AHORA....TENEIS QUE PONER ALGO QUE NO HAY EN VIGO...POR LO TANTO TENDREIS QUE PONER UNA FRASE EN NEGATIVO POR LO MENOS...PENSAD...NO OS LO VOY A DECIR YO TODO....

¡HALA! A INVESTIGAR...

UN ABRAZO Y UN ESFUERZO...QUE YA QUEDA POCO

viernes, 22 de mayo de 2020

DESAFÍO SEMANAL

Esta semana tivemos varias respostas ao Desafío Semanal, moi boas todas:

  ANDRÉS: solución 1  AQUÍ           Solución 2 AQUÍ

  ALBA:   Solución 1   AQUÍ                Solución 2  AQUÍ

  VALERIA: Solución 1 AQUÍ           Solución 2 AQUÍ

   HUGO:   Solución 1  AQUÍ             Solución 2 : AQUÍ


Bravo polos acertantes !!!!!!!!!!!!!!!!!!

Lembro o desafío:



Novo desafío para a semana.

SUPERKAHOOTTTTTT!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Como dixen o luns hoxe hai dobre Kahoot, lembrade que os dous son obrigatorios:

Kahoot Ciencias Sociais "A Terra"- AQUÍ  (Parece que este Kahoot tiña algún erro, probade agora)
                                                           PIN: 06093071

Kahoot Ciencias Naturais "Unidade 3,  A Relación Humana" AQUÍ  SUPERKAHOOT feito por Andrés and family e que está moi pero que moi traballado. Espero que vos guste.


ÁNIMO A TODOS!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 21 de mayo de 2020

Canción Letras Galegas



Julia e Marina interpretaron unha canción preciosa polas letras galegas.

DESAFÍO SEMANAL E KAHOOT

Lembrade que hoxe é o último día para contestar ao desafío semanal e que mañá hai un Kahoot obrigatorio sobre a unidade 3 de ciencias naturais. O tempo para realizalo será ata as sete da tarde. Se alguén ten dificultades para realizalo que me avise.

Graciñas

lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFAS DO18 AO 22 DE MAIO

   Que tal chicas e chicos!!!! Ánimo que xa estamos nas últimas semanas, a situación vai mellorando, ven o calorciño e pouco a pouco imos saíndo á rúa e vendo a xente coñecida. Mando o traballo para esta semana.

1ª) FICHAS:   O último paquetito de fichas que tiñamos por facer son as do 12 de MAIO. Se non sabedes cales son buscádeas AQUÍ               OLLO! Para entregar o venres como moi tarde.

2ª) MATEMÁTICAS:   

 Colgo os vídeos nos que corrixo os exercicios da semana pasada: AQUÍ   AQUÍ  e  AQUÍ
 Explicación dos exercicios para esta semana:                                   AQUÍ   (Xa están!!)

     Exercicios: 1,2 y 3 da páxina 214.
     Exercicios: 1 e o razoamento da páxina 215.     OLLO! Para entregar o venres como moi tarde.

3ª)LENGUA ESPAÑOLA: 

     Libro del 3ª Trimestre, lectura de las páginas 158 y 159. Ejercicios del 1 al 10 de la página 160.
                           
                                                                                OLLO! Para entregar o venres como moi tarde.
         
4ª) DESAFÍO SEMANAL: 

     Novo  desafío semanal AQUÍ.

 Como nas últimas semanas, contéstase o xoves como moi tarde e o venres dou a solución. No último houbo un montón de respostas, ánimo neste.

5ª) CIENCIAS NATURAIS e CIENCIAS SOCIAIS: 

Como nas últimas semanas o venres hai Kahoot pero neste caso vai ser doble.

   Kahoot de Ciencias Naturais: Neste caso do tema 3 do libro "A Relación Humana". Repasade o tema do libro e as fichas que se fixeron e deixarei o venres para facelo (OLLO! Só o venres).

   Kahoot de Ciencias Sociais: Sobre a Terra.


6ª) PLÁSTICA:  

   Temos bastante abandonada a plástica, e como este ano o proxecto foi sobre o coidado da natureza e o reciclaxe... Que vos parece facer un traballiño con material reciclado? 

Darei dúas semanas (ata o venres 29 para presentar un traballo con material reciclado, o que queirades, máis ou menos elaborado). Se queredes mandarme un vídeo da elaboración ou explicando como o fixestes xa sería fantástico!!

 Vos deixo un par de ideas:

 A idea de  Iago:



A idea de Daniela (que xa vos ensinara): AQUÍ.

Outras ideas:   AQUÍ.

domingo, 17 de mayo de 2020

TRABAJO INGLÉS SEMANA DEL 18 AL 22 DE MAYO



¡ ¡Hola chic@s!

¡ Ya nos falta poquito!Ánimo y que no decaiga...

Si la semana pasada estuvimos dedicándonos a repasar las cosas que pasan en el mismo momento de hablar, es decir,  el PRESENTE CONTÍNUO, esta semana  vamos a trabajar el PRESENTE HABITUAL...
Y me diréis, ¿y eso qué es?...Pues como sois muy listiños, sabreis que esa palabra indica lo que se suele repetir...acciones que hacemos cada día, como desayunar, ducharnos, comer, cenar....
Para eso utilizamos el SIMPLE PRESENT...¿OS ACORDAIS? ¡PUES CLARO QUE SÍ!

Vais a la página del cole y encontraréis FICHAS DEL  DOMINÓ con un fondo amarillo....También las de FRECUENCY ADVERBS QUE SALEN CON UN RELOJ TAMBIÉN CON FONDO AMARILLO.
Pues bien, hacéis estos ejercicios ANTES, y digo ANTES...de mandarme después por email 10 frases sobre cosas que hacéis cada día, como lavar los dientes, levantarme, ir a la cama, comer, leer, ver la tele...
Ahhhhh, pero no vale hacerlas sólo en 1ª persona, es decir, I

Hay que hacer algunas en tercera (my father, my mother....) y tb en plural ( they / my parents....)

Recordad que este verbo en inglés es muy fácil...sólo hay que poner la S en la tercera persona...

Un saludo y un abrazo a todos

viernes, 15 de mayo de 2020

SOLUCIÓN AO DESAFÍO SEMANAL


OLA CHICOS!!!! Lembro que o Desafío da Semana pasada foi este.




E houbo un mogollón de respostas. O das moedas está dominado pero o da estrela...... hai algún que non o fixo ben de todo. Vós que opinades?

Iago:  AQUÍ  E AQUÍ                   Hugo:   AQUÍ e AQUÍ

Juan:   AQUÍ E AQUÍ                   

Andrés: AQUÍ E AQUI      Roger: AQUÍ  e AQUÍ Ollo a solución SUPERORIXINAL DE ROGER

Alba: 


ADEMAIS..Alba púxolle un desafío ao profe.... e despois de moito pensar........


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Moitas gracias a todos por participar!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O luns poño o seguinte Desafío Semanal








jueves, 14 de mayo de 2020

SUPERKAHOOOOOOOOTTTTT!!!!!!!!!!!!!!!!!

Kahoot dos ecosistemas. SE NON REPASACHES ANTES DE FACELOOOOO.... FAINO!!!!!!!!

Lembrade que é obrigatorio e tedes ata as sete da tarde para completalo. Aínda que vexades algunha resposta de broma, tomádeo en serio.


Accedede con esta ligazón: AQUÍ

Ou poñendo Kahoot.it e metendo este código: 08096016.

Ánimo!!!!!!!!!!


Por certo, parabéns a Astrid  e aos que vos saiu tan ben no kahoot que fixo Magalí (con moito esforzo e dedicación) a semana pasada.

Ánimo a todos neste!!!!!




VÍDEO LETRAS GALEGAS

Que vídeo máis chulo!!!Gracias a todos por participar ou axudar a que este vídeo fose posible, graciñas!!!!!!!!


KAHOOT E DESAFÍO SEMANAL

Lembrade que mañá hai "Kahoot" do  tema 2 de ciencias naturais  e que é obrigatorio e hoxe é o último día para contestar ao Desafío Semanal.

Mañá, ademais, é o último día en que se poden entregar as tarefas que mandei o luns. Ánimo!

miércoles, 13 de mayo de 2020

CORRECCIÓN FICHAS DO 6 DE MAIO

Chicos, as fichas que pedín para esta semana son as do 6 de MAIO. Moitos non mas entregastes, lembrádeo anda.

Póñoas  corrixidas por se alguén ten dúbidas nalgún exercicio.  AQUÍ


domingo, 10 de mayo de 2020

TAREA INGLÉS SEMANA DEL 11 AL 15 DE MAYO

¡UN FUERTE ABRAZO A TODOS Y TODAS!


Seguimos de repaso de inglés...y esta semana quiero trabajito. Repasareis el Present continuous 1,2,3,4,5 y 6

Además me mandareis un pequeño trabajo y fácil también.
Tenéis que describirme a una persona. Puede ser hombre o mujer..Llevad un orden, que lo sabéis hacer.
Os doy unas pistas:

1º) Usad el verbo TO BE, ya sabeis, She / he is.....
2º) Pasais al verbo TO HAVE, ya sabéis, en tercera persona...
3ª)  Y con presente contínuo tenéis que poner lo que lleva puesto.
Podéis hacer un dibujo, un collage, o simplemente recortar a una persona de una revista y me lo mandaís por correo al mío:
Ya sabeis ...cerezo@edu.xunta.es

¡Animo, que ya queda poco!

TAREFAS SEMANA 11-15 MAIO


1ª) FICHAS DE REPASO:
      Ímolo facer así:

  • Ídesme ENTREGAR todas as fichas correspondentes ao 6 e MAIO. Podedes ver cales son AQUÍ. Data límite o Martes . O mércores eu colgarei as correccións:
  • Lembrade que as do 6 de Maio xa deberían estar feitas e, para esta semana, xa corresponde o último grupo de fichas, as do 12 de Maio (pedireinas á semana que ven). Ánimo


2º) MATEMÁTICAS:


  • Continuación da unidade 13. Esta semana hai que facer os seguintes exercicios:
         Ex: 1 e 2 da páxina 207.                            OLLO, SON PARA ENTREGAR
         Ex: 1,2 e 3 daS páxinas 208 e 209.               Data límite, este venres 15.
         Ex: 1 e 2 da páxina 210.
         Vídeos do profe explicando:
                   Cómo medir ángulos: AQUÍ.  e AQUÍ (Tutorial de Youtube que se ve mellor)
                   Polígonos regulares y tríángulos: AQUÍ.
                   Cuadriláteros:  AQUÍ                

3º) LENGUA CASTELLANA E LINGUA GALEGA:

    Esta semana non vou mandar nada destas dúas materias, prefiro esperar a que todo o mundo se poña ao día coas fichas de repaso e a semana que ven as retomaremos.

4º) CIENCIAS SOCIAIS:


  • Paco lembra que aínda hai moita xente que non lle entregou tarefas. Son estas: 
  • 1ª ) AQUÍ        2ª)  AQUÍ        3ª) AQUÍ  
   Lembro o que puxen a semana pasada: Enviarllo feito ao seu correo ou wassap.Quen non poida imprimir que o   faga como se fan os exercicios do libro. Indicas nunha libreta a páxina e número de exercicio e pos as respostas. Logo mandas foto desa folla da libreta.   
       

5º) CIENCIAS NATURAIS:

     Este venres, novo Kahoot do tema 2 de ciencias naturais. "Os ecosistemas". O Kahoot é obrigatorio. É a miña forma de saber o que recordades e leva 10 minutos facelo. Repasade un pouco as fichas de ciencias que mandei dese tema e logo o facedes. 

6º) DESAFÍO SEMANAL:

 Novo desafío semanal  AQUÍ
 O desafío é optativo pero, gustaríame que participásedes todos, non os 6 ou 7 alumnos de sempre. Os ledes, podedes pedir axuda en casa ou falar entre vós e mandarme unha foto ou vídeo coa solución ou poñelo nos comentarios. Incluso se soamente solucionades un dos dous ou pensades que a resposta pode non ser correcta. Axuda a desenvolver a lóxica e a creatividade. A partir de agora non haberá máis "premios" (vales) porque hai algún que se sigue así vou ter que rematar regalándolle a carteira.

7ª) EDUCACIÓN FÍSICA:


Paco está facendo unha actividade moi chula que vos vai encantar e precisa que lle enviedes un vídeo  (ao wassap e pode ser cortiño) facendo un xogo popular galego. AQUI

8º)RELIXIÓN:
Hola chic@s,
¿Cómo están? Espero que bien y vuestras familias.
Esta semana vamos a trabajar  el maravilloso mes de MAYO,  el mes de las flores, de la primavera, dedicado a la Virgen María y a nuestras madres. Como? os propongo una serie de manualidades que podéis encontrar poniendo en  google :
- MANUALIDADES  FLORES DE PAPEL.
-MANUALIDAD MARCAPÁGINAS  VIRGEN MARÍA.
-MANUALIDAD TARJETAS PARA MAMÁ.

viernes, 8 de mayo de 2020

SOLUCIÓN AO DESAFÍO, GAÑADORES E NOVO DESAFÍO SEMANAL

Só foron dous os nenos que acertaron o desafío semanal.

COMEZA O KAHOOT DE MAGALÍ!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Magalí elaborou un Kahoot moi molón para todos vós!!!!!!! Mái cortiño co meu, só 15 preguntas.
Lembrade, o Kahoot é sobre o tema 1 das plantas, eu podo ver todas as vosas respostas, espero que tiverades repasado:

PODEDES ENTRAR...
  1. Pinchando AQUÍ
  2. Poñedes en Google kahoot.it, entrades e metedes este código: 02401744

TEDES ATA ATA AS  18:00 DA TARDE, PERO SE PODEDES FACÉDEO XA POLA MAÑÁ. 
OLLO! SÓ SE PODE FACER UNHA VEZ, NON VALE REPETIR!!!!!
ÁNIMO.



jueves, 7 de mayo de 2020

DESAFÍO SEMANAL e SUPERKAHOOT!!!!

Lembrade que hoxe é o último día para contestar ao DESAFÍO SEMANAL e que mañá hay..


SUPERKAHOOTT!!!! DO TEMA DAS PLANTAS. Dádelle un repasiño ao tema, pensade que eu vexo todas as vosas respostas jeje.  ÁNIMO!!!

ACTIVIDADES DE RELIGIÓN PARA 5º

Queridas familias, ¿cómo están? Espero que todos bien y vuestras familias.
Continuemos trabajando la INTELIGENCIA ESPIRITUAL Y EMOCIONAL con la siguiente actividad:


MI LISTA DE DESEOS
-Piensa en las cosas que más te gustaría hacer  tan pronto como termine esta situación excepcional y podamos salir de casa con normalidad.
-Piensa en todas aquellas cosas que te gustaría que cambiaran en el mundo y en el corazón de las personas.
Podéis hacerlo de diferentes maneras:
-Realizando un cómic.
-Esquemas con dibujos.
-Redacción.
-O cualquier otra manera que se os ocurra.
¡ Sed Creativos! Esta tarea me la podéis entregar a la vuelta.Nos va a servir para realizar un debate en el aula y para exponer vuestros trabajos.

Para  finalizar os animo a realizar unos juegos en familia.Los  podéis encontrar  en google:
-Juegos Católicos,Catholic.net.
Son muy divertidos y nos sirven para repasar y aprender un montón de cosas nuevas.

Un Saludo y espero veros pronto.

domingo, 3 de mayo de 2020

TAREFA PARA A SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO


Antes de explicar a tarefa vos invito a entrar no blog da "biblio", Xulia e Carme nos len o conto de Maruxa (un conto que me encanta por certo).

  
1º) FICHAS: 
                        Deixo a corrección das fichas do 30 de Abril AQUÍ. OLLO!! Xa está posto.

                        Lembrade que hai unhas fichas para facer para o 6 de MAIO. Podedes velas AQUI.
                     
                       ENTREGA DE FICHAS: 

  • DATA LÍMITE: VENRES 8
  • QUE TEÑO QUE MANDAR AO PROFE? As fichas que poñen "Prueba de Control"dos temas 2,3 e 4 de MATEMÁTICAS. Xa son de semanas anteriores. En total son seis fichas.Podes velas AQUI.


2º) MATEMÁTICAS: Novo tema de matemáticas. Deixo vídeo explicativo AQUÍ.
   
        Página 205 ejercicios 1, 2 y 3.
        Página 206 ejercicios 1,2 y 3.        OLLO! ESTA TAREFA É PARA ENTREGAR
                                                                             DATA LÍMITE O VENRES 8

  3º)  CIENCIAS NATURAIS.
           A semana pasada entregástesme as fichas de repaso feitas. O venres haberá....

                    SUPERKAHOOT!!!!!! do tema 1. Así que, ao longo da semana, dádelle un repasiño ao                       tema.

   4º) CIENCIAS SOCIAIS: Paco manda este documento da Terra para traballar con el. AQUI.
                                             
                                              Enviarllo feito ao seu correo ou wassap.Quen non poida imprimir que o     faga como se fan os exercicios do libro. Indicas nunha libreta a páxina e número de exercicio e pos as respostas. Logo mandas foto desa folla da libreta.

   5º) BIBLIOTECA. Ollo ao piollo!!!! Esta actividade pode molar un montón, encantaríame vervos aos dezanove facela porque despois dos vídeos tan chulos que saíron este ano, este pode ser espectacular . Está explicado como facelo no blogue da biblio:AQUI
   
  6ª)  Por último vos deixo o traballo que vos manda a profe Victoria para esta semana:

   INGLÉS:  HI, AGAIN!   ( SEMANA DEL 5 AL 8 DE MAYO)

Para esta semana, tenéis que hacer las actividades en color azul con el icono caballito de madera....( BE OR HAVE 1, 2, 3 Y 4)

Se trata de saber utilizar bien el verbo HAVE OR BE. Es igual en todos los idiomas del mundo. Una cosa es decir ....Yo tengo un perro....I´ve got a dog              pero no....I am a dog....
Buena semana....

ESPERO QUE ME ESCRIBAIS PRONTO....KISSES....

Un abrazo. Victoria.
 
                                                             

sábado, 2 de mayo de 2020

Hi again...

Good morning!

Bueno, chicos, necesito saber si cuando haceis los ejercicios de inglés no tenéis dificultades.
Me dicen de otros cursos que no han podido hacer algunas actividades.
Mirad...si abrís con Internet Explorer, hay actividades de las nuevas fichas interactivas que no se pueden escuchar si son de listening.
Por lo tanto, os aconsejo que lo hagáis en el servidor CROME
También, porque a mí también me ha pasado, hay momentos del día en que no va..porque estamos muchisima gente conectada..
Sin ir más lejos, el fin de semana pasado, cuando estaba preparando las clases para la semana, se me bloqueaba el portátil y no había manera de cerrar la pestaña.
Lo  intenté dos veces, en distintos momentos, pero me fue imposible.
Así que le dí un respiro hasta el día siguiente y al final, sí pude..
Necesito saber que estais haciendo las cosas que mando. Me va diciendo Iago, pero me gustaría que vosotros mismos me fuéseis diciendo por aquí.
Ya preparé cosas para vosotros para varias semanas. Y cuando las hagáis pondré un par de trabajitos como remate de final de 5º.
No os asusteis,.....lo sabreis hacer perfectamente, porque para eso está el repaso hasta final de mayo.
Va a ser muy fácil y nada largo
Un fuerte abrazo


vuestra teacher

jueves, 30 de abril de 2020

GAÑADORES DO DESAFÍO SEMANAL E NOVO DESAFÍO

BRAVO POLOS GAÑADORES DESTA SEMANA!!!!!! 
Iago, Andrés, Alba e Hugo deron respostas correctas ao desafío da semana.
Engado o video de Roger porque contestou a última hora pero dentro do tempo, tamén a el lle corresponde o vale.



Hi again!

How are you?
I hope you are OK .
As you can see, I´m your teacher. Yes....Victoria
That´s my name.....or..so I think...😉

Espero que esteis repasando mucho Inglés y ahora no hay excusa para mandarme comentarios sobre cómo vais y como os están resultando las actividades que pongo cada semana.
Para eso me añadió Iago aquí, así yo también puedo publicar lo que os pongo cada semana y también podeis acudir a mi cuando lo estimeis necesario...
En cuanto , sabeis a la tarea que  estábais haciendo en pasados sobre la biografía de un personaje famoso...Hubo niños que ya los  han entregado y ya estaban expuestos en el mural.
Los que no, aún estais a tiempo, no en grupo o parejas sino de forma individual. No hace falta que sea en cartulina, puede ser en A4, con lo que hemos dado. Si no lo recordais no hay problema....
Para la próxima semana tengo ya diseñado lo que vais a  hacer.
Lo único que pido es que tengais contacto conmigo por aqui...para decirme que estais trabajando...OK?
Cuando lleguemos al repaso del Simple Past ya os podeís plantear hacer el trabajo: dónde y cuándo nació, a qué se dedicó...

Un fuerte abrazo a todos

martes, 28 de abril de 2020

IDEAS PARA O CONFINAMENTO

Algúns de vós me mandades ideas moi chulas para pasar mellor o confinamento, a ver se vos gustan:

DANIELA FAI UNHAS MANUALIDADES FANTÁSTICAS:AQUÍ

DUNIA DANOS UNHAS IDEAS PARA PASAR MELLOR ESTOS DÍAS:


ANDRÉS E RAÚL LÉRONNOS UN CONTO POLO DÍA DO LIBRO:  

 BIBLIOBURBULLA




CORRECCIÓN FICHAS LUNS 27

viernes, 24 de abril de 2020

GAÑADORES DO DESAFÍO E NOVO DESAFÍO SEMANAL

 Este foi o desafío da semana pasada e temos dous gañadores:

HUGO E ALBA. Poño a solución de Alba e os premios:


RESUMO DA SITUACIÓN PARA UBICARNOS

Ola nenas, nenos, pais e nais!!! Vou facer un pequeno resumo da situación para ubicarnos entre tanto wassap, Abalar, paxina web, correo.....

1º) FICHAS:

   O principal traballo que hai agora mesmo co profe Iago e ir facendo as fichas. Onde están? Hai unha publicación no blogue que pon "FICHAS DE REPASO DO PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE". Aí veñen todas organizadas e cun calendario. Pouco a pouco vou colgando as correccións das fichas.

2º) XELÍS: 

   Unha das primeiras tarefas que mandei facer foi a de Xelís. Algúns xa a entregaron. Hai nenos que tiveron dificultades en entender ben o libro. Colguei un vídeo no que explico que podemos atrasar a data de entrega xa que vou ir poñendo "audios" nos que eu vou ir lendo e explicando o libro (preciso tempo). Os que xa o entregaron, feito está (moi ben feito por certo).

3º) DESAFÍO SEMANAL: 

    De forma 100% voluntaria cada venres colgo un desafío, contéstase o xoves coma moi tarde (podedes contestarme polo móbil se queredes) e o venres seguinte dou a solución.

4º) ENTREGA DE TAREFAS:

   Agora mesmo, o que tedes que entregar é:

  • O traballo sobre Beethoven que puxo a mestra de música.      musicasusanav@gmail.com
  •  O traballo de Xelís (poñamos como data mediados de Maio máis ou menos) e..
  • As fichas de Ciencias Naturais dos días 17, 22  e 27. Como? Por correo electrónico ou cunha foto ao móbil. Por que? Máis adiante imos facer algun Kahoot dos temas de ciencias e quero asegurarme de que os nenos repasan un pouco. 
 5ª) BLOGUE DE EF:

  • Lembrade  que Paco vai poñendo ideas moi chulas no seu blog para mover o corpo. Botádelle un vistazo. Tedes o enlace a dereita do blogue.
6º) A "TEACHER" vai actualizando o blogue cada pouco tempo, o último que puxo foi un conto en inglés polo día do libro, lembrar dar lle á pestana de arriba a "quinto 2" para ver o último que vai poñendo.


Aínda así, lembrade que NON É ÉPOCA para agobiarse, se algún ve que non é quen de facer tanta ficha, vai atrasado ou que sexa, que vaia máis a modo, en Maio xa haberá tempo. Se hai 5 fichas para un día e non é capaz, pois que faga 2 ou 3. Priorizade as tarefas que sexan para entregar.

Ánimo!!!

VISITA O BLOGUE DE BIBLIOTECA

Dunia e Simone len un conto polo "Día do Libro" e moitas cousas máis: