viernes, 24 de abril de 2020

RESUMO DA SITUACIÓN PARA UBICARNOS

Ola nenas, nenos, pais e nais!!! Vou facer un pequeno resumo da situación para ubicarnos entre tanto wassap, Abalar, paxina web, correo.....

1º) FICHAS:

   O principal traballo que hai agora mesmo co profe Iago e ir facendo as fichas. Onde están? Hai unha publicación no blogue que pon "FICHAS DE REPASO DO PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE". Aí veñen todas organizadas e cun calendario. Pouco a pouco vou colgando as correccións das fichas.

2º) XELÍS: 

   Unha das primeiras tarefas que mandei facer foi a de Xelís. Algúns xa a entregaron. Hai nenos que tiveron dificultades en entender ben o libro. Colguei un vídeo no que explico que podemos atrasar a data de entrega xa que vou ir poñendo "audios" nos que eu vou ir lendo e explicando o libro (preciso tempo). Os que xa o entregaron, feito está (moi ben feito por certo).

3º) DESAFÍO SEMANAL: 

    De forma 100% voluntaria cada venres colgo un desafío, contéstase o xoves coma moi tarde (podedes contestarme polo móbil se queredes) e o venres seguinte dou a solución.

4º) ENTREGA DE TAREFAS:

   Agora mesmo, o que tedes que entregar é:

  • O traballo sobre Beethoven que puxo a mestra de música.      musicasusanav@gmail.com
  •  O traballo de Xelís (poñamos como data mediados de Maio máis ou menos) e..
  • As fichas de Ciencias Naturais dos días 17, 22  e 27. Como? Por correo electrónico ou cunha foto ao móbil. Por que? Máis adiante imos facer algun Kahoot dos temas de ciencias e quero asegurarme de que os nenos repasan un pouco. 
 5ª) BLOGUE DE EF:

  • Lembrade  que Paco vai poñendo ideas moi chulas no seu blog para mover o corpo. Botádelle un vistazo. Tedes o enlace a dereita do blogue.
6º) A "TEACHER" vai actualizando o blogue cada pouco tempo, o último que puxo foi un conto en inglés polo día do libro, lembrar dar lle á pestana de arriba a "quinto 2" para ver o último que vai poñendo.


Aínda así, lembrade que NON É ÉPOCA para agobiarse, se algún ve que non é quen de facer tanta ficha, vai atrasado ou que sexa, que vaia máis a modo, en Maio xa haberá tempo. Se hai 5 fichas para un día e non é capaz, pois que faga 2 ou 3. Priorizade as tarefas que sexan para entregar.

Ánimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario