martes, 14 de abril de 2020

DATA LÍMITE PARA A TAREFA "Xelís o guieiro das botellas de mar"

   Chicos, como xa sabedes, esta foi a primeira tarefa que había que levar a cabo. Hai xa un mes exacto desde que foi publicada, incrible!!!. Ata o de agora non corrixín nada do que fixestes pero, a partir de agora, quizáis vos irei pedindo algunha.

Vou a poñer o 28 de Abril (Martes) como data límite para facer esta tarefa.

¿Como se entrega? De dúas formas, mandándome unha foto por "whatsapp" ou por correo electrónico (vese na parte superior do blogue).

Mirade ben como había que realizalo, está explicado abaixo.





Ben rapaces, comezamos coa primeira tarefa, que conste que non vola mando eu. Para este traballo tedes dous profes que vos explicarán perfectamente o traballo a realizar. Estade atentos:



Ups, esta foi a toma falsa. Aí vai:


Lembrade:
a) Faino no caderno de bitácora, se alguén non o ten por calqueira razón vale na libreta de lingua galega ou noutra libreta.
b) Decora o título.
c) O ano en que foi escrito... Ides ter que descubrilo, pero ven no libro e explicámolo na aula.
d) Resumo: non me gusta dicir un número de liñas que vos deba ocupar o resumo; pero tres liñas non chegan, e vinte son demasiado.
e) Personaxes: describide dous personaxes do libro, os que queirades. Facee primeiro unha descrición física (alto, baixo, pel clara ou escura, como viste...) e logo unha psicolóxica (simpático, atrevido, alegre...)
f) Cando escribades a vosa opinión persoal, non o fagades en dúas liñas. Escribide o que máis vos gustou, o que menos, que cambiariades, que personaxe te gustaría ser... Ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Nesta opinión persoal debedes escribir algún dos conectores seguintes:
       
                Na miña opinión.....                Persoalmente penso ...

                Eu creo que.........                    En resumo..... 

g) Podedes facer un debuxo sobre o libro ou calquera traballo plástico que se vos ocorra.

Ánimo, cando volvamos lémolo.

Lembrade que ao remate do libro aparece unha manualidade voluntaria, se alguén se anima a facela estaría xenial!


A ver se alguén axuda a Simone!















5 comentarios: