miércoles, 25 de marzo de 2020

EDUCACIÓN MUSICAL


Estimadas familias:

   Ante todo, quixera transmitirvos tranquilidade e moito ánimo. Nesta situación de alerta sanitaria, lembrade que o que máis necesitan os vosos fillos e fillas é sentirse arropados e queridos. Cando regresen ó cole, todos poranse ó día. Mentres, podemos axudalos na súa planificación e tamén aproveitar para desenvolver a súa autonomía . Levar certa rutina a cotío axudará , ainda que ésta sexa flexible.

As seguintes propostas non son obrigatorias nin avaliables, pero si recomendables:

1. Instrumentos da orquesta: https://youtu.be/RHAklmqlvRI
2. Percusión corporal (Soco,bate,vira): https://youtu.be/O-l7lpAYqlA
3. Figuras musicais: https://youtu.be/aWAEaBDSjOs
4. Para aprender música xogando: https://aprendomusica.com/
5Web para crear melodías e ritmos empregando efectos e voces. A composición final pode gravarse e compartirse. Está xenial! https://www.incredibox.com/
6. Realización de instrumentos caseiros con material de refugallo. De corda, vento ou percusión. Buscaremos que a calidade do son sexa a mellor posible, que amose inxenio e orixinalidade.
7Cantade todo o que poidades!!! Cantigas de todo tipo, non só as que cantamos no cole, senón as vosas cancións favoritas… Se visualizades a letra...mellor! sobre todo se cantades en inglés ou noutros idiomas.
8. Inventade coreografías. Movede o corpo ó ritmo da música!

Coidádevos moito. Un saúdo,
Susana ( Educación Musical )

No hay comentarios:

Publicar un comentario